domingo, 15 de marzo de 2020


Ola rapaces e raparigas,
As circunstancias son excepcionais e aínda que poida parecer incríbel estamos a vivir un momento histórico que aparecerá nos libros. É por eso que a nosa resposta tamén ten que ser histórica.
Debemos ser cidadáns con maiúsculas e pensar no outro, naquelas persoas que non deben contaxiarse porque non serían capaces de superar a enfermidade, naquelas persoas que  aínda que deberían estar nas súas casas escolleron como profesión unha que lles fai estar en primeira liña de combate (médicas, enfermeiros, policías, bombeiros …) e por suposto, en todas aquelas persoas (avós, tías, pais e nais, coidadores) que están connosco nas nosas casas.
Ben sabedes que está situación chegou tamén á escola e que as nosas rutinas, de súpeto, deixaron de ter importancia. Esquecédevos de todo o que tiñamos pendente e centrémonos en levar estes días o mellor que poidamos.
Van ser días moi longos, onde imos estar cara a cara fronte o aburrimento. Ímonos cansar de ver a televisión, de ler, de xogar polo que aproveitade estes días para pensar e desenvolver aínda máis a vosa curiosidade e desexo por aprender.

OS PROFES DE 5º IREMOS PONDO TAREFAS E TRABALLOS PARA QUE REALICEDES ESTES DÍAS. CANDO VOLTEMOS A RUTINA DIARIA EXPORÉMOSLOS NAS AULAS!!ASÍ QUE ESFÓRZATE E FAINO O MELLOR POSIBLE!!

PARA CALQUERA DÚBIDA OU SUXERENCIA DEIXAMOSVOS OS NOSOS CORREOS: beatrizcidprieto@hotmail.com  Martin14n1991@gmail.com

1 comentario:

O REINADO DE FERNANDO VII