viernes, 24 de abril de 2020

Ola!
Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia,as actividades lectivas da terceira avaliación estarán centradas nas competencias esenciais con tarefas de repaso, reforzo e ampliación das aprendizaxes que resulten necesarias e que o alumnado precisa para a continuidade na etapa educativa.É dicir, actividades como:lectura, escritura, comprensión lectorora, composición de textos,cálculo,resolución de problemas,proxectos de investigación, así como actividades globalizadoras e interdisciplinares.
As medidas adoptadas teñen como obxectivo non sobrecargar ao alumnado e coidar do benestar do alumnado e as familias.

Como estamos a facer ata agora realizaremos propostas diarias de actividades. A forma de corrección de ditas actividades especificarase ao comezo de cada unha. Os métodos de corrección principais serán: colgar as correccións no blog ou as videoconferencias.
Con frecuencia recolleremos certas tarefas para poder facer un seguimento do alumnado. De ter que entregarse,indicarase ao comezo da tarefa.

Por outra banda, indicar que seguiremos facendo uso das videoconfencias cos nen@s xa que considermos moi importante que poidan verse e manter o contacto entre eles.
Utilizaremos as mesmas para resolver dúbidas, correxir tarefas, expor traballos e facer actividades que fomenten o diálogo e interacción entre eles, xa que na siutación actual o desenvolvemento destas habilidades sociais está bastante limitado.
As conexións serán os martes e xoves ás 17:00horas.

En canto a avaliación querémosvos transmitir dende aquí tranquiladade, a valoración dos nenos este trimestre sempre será en positivo e tendo en conta a situación persoal de cada famila, valorando o seu esforzo  e a súa implicación nas tarefas.

Grazas pola vosa colaboración.
Vémonos pronto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

O REINADO DE FERNANDO VII